segunda-feira, 23 de março de 2009

lf01 - Santiago de Compostela - Centro Galego de Arte Contemporanea

local: santiago de compostela-espanha, centro galego de arte contemporanea, rúa valle inclán s/n, tel. 354 981546619, cgac@xunta.es, gps lat 42°52'59.73"N; long 8°32'25.00"O

E que tal um salto à Galiza - Espanha (Galicia)?
O CGAC, num edificio projectado por Siza Vieira justifica uma visita com 2 propostas na área da fotografia em cartaz :


1 - Pequena História da Fotografia
12 mar a 03 mai 2009, ter a dom entre as 11:00 e as 20:00
"De revisión, de colección e de práticas, neste caso fotográficas, versa esta Pequena historia da fotografia. Con fondos da colección CGAC e das coleccións ARCO e Ordóñez-Falcon, depositadas no centro, o comisario Manuel Segade prpón unha revisión dos xéneros históricos da arte a través da fotografia. O retrato, a natureza morta, apaisaxe e a abstracción son revisados a partir de relecturas dos xéneros como recadros interpretativos a través da câmara de Wolfgang Tillmans, Pierre Gonnord, Tacita Dean, Andrés Serrano, Douglas Gordon, Manuel Vilariño, Virxilio Viéitez, entre outros artistas (Iñaki Bonillas, John Coplans, Rineke Dijkstra, Willie Doherty, Paul Graham, John Hilliard, Evelyn Höfer, Ingar Krauss, Jonathan Monk, Malakeh Nayini, Holger Niehaus, Erwin Olaf, Joao Penalva, Peter Piller, Carla van de Puttelaar, Rosângela Rennó, Toshio Shimamura, Angela Strassheim, Albrecht Tübke, Valentín Vallhonrat e Ben Watts).A mostra evidencia a importancia dos fondos fotográficos das coleccións custodiadas no museo. Nomes fundamentais da historia da fotografia das últimas décadas, obras portada de revista, ou que foron utilizadas como carteis de evntos artisticos internacionais, ou que serviron como motivo central a ensaios fundamentais sobre a esrética da actualidade compoñen un fondo heteroxéneo, privilexiado e versátil que dan forma a esta Pequena historia da fotografía."
2 - A Porta Aberta. acerca da fotografía
17/22, 24/29 mar 2009, das 11:00 e as 20:00
En relación coa mostra Pequena historia da fotografía presentamos unha serie de programas en formato audiovisual nos que se estudia a historia da fotografía. Programas de video de ferramentas educativas
Duración: 26 min (cada capítulo)
Cap. I O PRACER DE FOTOGRAFAR
Cap. II ANTE O MUNDO VISIBLE
Cap. III UN MUNDO REPRESENTADO
Cap. IV UN MUNDO FOTOGRAFADO
Cap. V A OUTRA CARA DO PAPEL
Cap. VI UN MUNDO DIMINUÍDO
Cap. VII UNHA VISIÓN PERSOAL
Cap. VIII A CÁMARA DE FOTOGRAFAR
Cap. IX A OUTRA CARA DO MUNDO
Cap. X A IMAXE REAL
Cap. XI UN MUNDO INVENTADO
Cap. XII MÁIS ALÁ DO DOCUMENTO
Cap. XIII O PRACER DE FOTOGRAFAR 2

Sem comentários: